Afaber continúa desenvolvendo o taller de intelixencia emocional en diferentes parroquias da Laracha

Cedida.

Tras o éxito da actividade en varias das parroquias do Concello, este venres 10 de abril terá comezo na parroquia de Golmar, no Museo dos Muíños, de 11:30 a 13 horas, ubicación e horario que se manterán o resto das sesións, as cales estarán dinamizadas por Mónica Martínez, educadora social de Afaber. A última delas, coincidindo coa festividade do 1 de maio, terá lugar o xoves 30.
As xuntanzas consisten nunha serie de catro sesións por parroquia que tratan as temáticas de saúde mental, traballo das emocións, risoterapia e musicoterapia. Sendo a de risoterapia a que máis triunfa entre as persoas asistentes.
Esta proposta foi realizada polo Concello da Laracha incluida dentro do programa municipal dirixido a promover o envellecemento activo, coidar corpo e mente e evitar a soidade non desexada mediante a promoción da participación social.

Related posts

Rescatados por surfeiros un pai e a súa filla logo de que a corrente os arrastrase na praia Area Maior de Malpica

Aspaber 50 anos: traxectoria, compromiso e futuro

Conclúe na Laracha a acción formativa de “Operacións de Caixa e reposición”, do Programa Integrado de Emprego