Afaber dá a coñecer os actos programados con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

Jesús Villar e María Vilariño_Cedida.

Afaber nace no ano 1998 a través da posta en marcha de grupos de apoio onde familiares de persoas afectadas atoparon un punto de reunión no cal desafogarse e buscar solución a problemas comúns que presentaban no seu entorno familiar. Sen embargo, non sería ata o 2021 cando se constituíse como unha asociación. Con motivo da celebración, este martes 21 de setembro, do Día Mundial do Alzhéimer, presentou un amplo cartaz de actividades, dado a coñecer polo presidente da entidade Jesús M. Villar Antelo, acompañado da tesoureira da mesma asociación, María Vilariño.