Afaber deu a coñecer a súa programación de actividades pola Semana Mundial do Alzhéimer

1 minutes read

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber), que preside Jesús Villar Antelo, deu a coñecer as actividades que levarán a cabo con motivo da Semana Mundial do Alzhéimer, e que terán lugar dende o xoves 21 de setembro ata o domingo 24, ambos incluidos.

O xoves 21, de 10:00 a 13:00 horas, haberá unha mesa informativa conformada por profesionais e membros da directiva de Afaber no Concello de Carballo, situada na Rúa Coruña.
Ás 21:00 horas iluminación nocturna nos edificios dos Concellos de Carballo, Laracha, Laxe, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.
Encontro na Praza do Concello de Carballo para o visionado da iluminación da fachada coa cor verde en representación do Alzhéimer.
Seguindo co venres 22, ás 20:00 horas, acto na honra da antiga directiva de Afaber que se despide despois de moitos anos ao cargo.
O sábado 23, de 11:00 a 13:00 horas, Afaber celebrará a primeira xornada de portas abertas no novo centro.
Por último, o domingo 24 ás 12:30 horas, misa en recordo oficiada polo párroco de Carballo, José García Gondar.
Ao rematar a misa, acto conxunto de sensibilización: “No Alzhéimer, eu tamén son protagonista”, na Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista, acompañados da Coral Ribera do Anllóns.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?