Afaber estivo presente na ‘Walking the talk for dementia’ en Santiago

A Federación Alzhéimer Galicia xunto coas entidades internacionais “Crônicos do Dia a Dia” e “Vovó Nilva” organizaron unha Andaina Solidaria denominada «Walking the Talk for Dementia» e que percorre parte do Camiño de Santiago formada por persoas de 40 nacionalidades diferentes unindo ás persoas con demencia de boa parte do mundo.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) estivo presente na xuntanza para o tramo final deste «Walking theTalk for Dementia», que arrincou de San Marcos, no Monte do Gozo.
O seu presidente, Jesús Villar, acompañou a profesionais da saúde, lexisladores, investigadores e persoas con demencias de 20 países que puxeron as súas vivenzas en común en esta iniciativa, que foi gravada por Netflix para un documental.
O “Walking the talk for dementia” completa a súa aventura xacobea e reivindica que a demencia non é o final do camiño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha