Afaber impartiu unha charla informativa en Fonteboa, Coristanco

0 minutes read

A educadora social de AFABER (Asociación de Familiares de Alzhéimer de Bergantiños), Mónica Martínez, e o presidente da entidade, Jesús Villar Antelo, acercáronse a impartir unha charla sobre o Alzheimer e os traballos da asociación na comarca de Bergatiños, aos alumnos da Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco. Falouse do traballo que realiza a asociación AFABER ao fomentar o apoio ás demencias, tamén no rural, e os presentes mostraron moito interese polos servizos que presta a entidade carballesa a enfermos e familiares.