Afaber informou sobre o alzheimer no centro médico da Laracha

Durante dúas horas ofreceron material divulgativo, atenderon consultas e explicaron a actividade que desenvolven ao longo de todo o ano.

É unha das iniciativas de concienciación e sensibilización en torno ao Día Mundial do Alzheimer que se conmemora o próximo sábado, día 21 de setembro.

Ao longo dos últimos anos, e sempre coa colaboración de AFABER, no Concello da Laracha leváronse a cabo iniciativas dirixidas tanto a enfermos de alzheimer como aos seus coidadores, que na maioría dos casos son os seus propios familiares.

A Laracha tamén conta co certificado de “Concello declarado solidario co alzheimer” outorgado pola propia entidade bergantiñana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha