Dentro do Servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural, financiado pola Deputación da Coruña, fundación mujeres realiza coa colaboración de Afaber Alzheimer Bergantiños uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares.
Os talleres formativos son gratuitos e terán lugar no Pazo da Cultura de Carballo todos os martes de novembro de 10:30 a 12:30. Trataranse contidos sobre a saúde, o autocoidado e a autoestima. Para máis información as persoas interesadas poden inscribirse no 981 758 545 ata o 4 de novembro.
Grupo de apoio para familiares
Este mércores ás 20:00 horas no local da asociación na Rúa Camelias, 2 – baixo de Carballo, haberá unha nova reunión do Grupo de Apoio de Familiares de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer.
Os grupos de apoio fomentan directamente a saúde e a redución do malestar psicolóxico e permiten aos familiares facer unha mellor valoración da súa propia situación grazas ao que lle ofrecen: recursos de afrontamento e de paliar emocións negativas, proporcionar maior sensación de control, aumento da autoestima e do estado de ánimo positivo, e permiten unha oportunidade de interacción social regularizada e de recibir feedback dos demais familiares. Pode acudir ao grupo de apoio calquera persoa interesada no mesmo ou quen desexe apoiar a familiares que sofren a enfermidade do Alzheimer.
As reunións do grupo de apoio estarán dirixidas pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras.