27
O presidente de Afaber, Jesus M. Villar e a terapeuta ocupacional Beatriz Crespo, foron convidados ao Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa polo seu director, Luis García.
Mediante unha charla informativa trataron de achegar os coñecementos sobre Alzhéimer aos presentes. Contextualizando sobre a enfermidade e poñendo o foco nos tratamentos non farmacolóxicos, especialmente os que implementan dende Afaber, coa intención de sensibilizar e involucrar aos mozos e mozas nesta realidade.