Afaber pon en marcha ‘A escola de familias’

A asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) amplía máis os seus servizos con novos proxectos e actividades. Esta vez, para os últimos días do mes de outubro Afaber trae novidades: “A escola de familias”. Estréanse tendo como destinatarios/as principais as familias e persoas coidadoras dos seus programas de terapias e estimulación. Esta iniciativa trae consigo sesións de unha hora de duración sobre temas de interese sobre os coidados para os/as destinatarios/as. A primeira destas charlas será o vindeiro mércores 25 de outubro, en horario de mañá de 10:30 30 a 11:30 horas, e de tarde de 16:30 a 17:30 horas, tratando o tema “vestido e aseo persoal en demencias”, impartido polas traballadoras da asociación. Estas sesións terán lugar no seu local social do lugar de Mirón nº 24- baixo, en Bértoa (Carballo).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha