A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber), que preside Jesús Villar Antelo, deu comezo os talleres de memoria do novo curso. En Coristanco, coa Asociación Santa María de Traba, comezaron o pasado luns 4 de setembro.
Ademais, dende o Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural da Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña, levan a cabo, en colaboración con Afaber, uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares.
Impartirase o taller dende o 12 de setembro ata o 14 de novembro de 10:30 a 12:30 horas, no Pazo da Cultura de Carballo (Rúa Pan, s/n).
Para a inscrición, debes contactar con Afaber antes do martes 19 de setembro, no teléfono 981 75 85 45.
Lotaría de Nadal:
Afaber tamén informa que xa ten a vosa dispoñibilidade a Lotaría de Nadal. As participación son de 5 euros, dos cales 1 euro é como donativo, e os décimos son a 22 euros, dos cales 2 euros son como donativo. O número é o 85.725.