Neste mes de outubro a asociación de familiares de persoas afectadas pola enfermidade do alzhéimer e/outras demencias da comarca de Bergantiños (Afaber) dará comezo a un novo proxecto chamado Rede de Familias, un espazo onde as/os coidadoras/es poden compartir as súas experiencias convivindo coa enfermidade, intercambiar coñecementos, sensacións e encontrar un lugar onde se sintan apoiadas/os, escoitadas/os e, sobretodo, comprendidas/os.
Este primeiro encontró, que marcará o inicio da “Rede”, terá lugar o vindeiro MÉRCORES 22 DE OUTUBRO ÁS 17:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo (na sala T.V., ubicada no 1º andar), nel contarase coa presenza de Ireni Music, unha artista emerxente de A Coruña que presentará un dos temas que formarán parte do seu primeiro disco “Vínculos” no que aborda relacións persoais. O tema que cantará é “Tiempo”, adicado aos avós e en concreto á súa avoa, que padece demencia. As prazas son limitadas. Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.