Afaber poñerá en marcha un curso formativo para coidadoras de persoas con demencia

1 minutes read

FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia) e AFABER (Asociación Familiares de Alzhéimer de Bergantiños) van organizar a partir do mes de marzo, comezando polo Concello de Laxe, un curso formativo gratuíto para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa (coidados compartidos).
Dito curso impartirase por profesionais de Afaber que achegarán ás persoas coidadoras de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información acerca do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como recursos que poden mellorar a súa calidade de vida.
Tendo como obxectivos: achegar información en materia de demencias, recursos e servizo aquelas áreas rurais onde os recursos de proximidade non son os adecuados; crear un espazos de intercambio de experiencias e resolución de dúbidas ante problemáticas similares; fomentar o uso de estratexias validadas de coidado no domicilio; promover a co-responsabilidade familiar no coidado dunha persoa con demencia e diminuír o nivel de sobrecarga da persoa coidadora principal.

Desenvolveranse os mércores 13 e 20 de Marzo de 16:30 a 19:00 horas, e o mércores 27 de Marzo de 16:30 a 19:30 horas. No salón de actos da Casa da Cultura (Rúa Vila Amparo, 23, Laxe).
Para as inscricións:
Servizos Sociais do Concello de Laxe: 981. 706. 903
AFABER: 625. 980. 691