Este venres 16 de setembro ás 13:00 horas no xardín traseiro do local de AFABER, na rúa Camelias nº 2 en carballo, o presidente de AFABER Jesus M. Villar Antelo acompañado pola tesoreira María Vilariño presentarán o cartel dos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer 2022.
A campaña do Día Mundial do Alzhéimer comezou este mes de setembro, baixo o lema “… e lémbrate do alzhéimer” unha frase que recolle a necesidade de que o urxente non reste tempo nin espazo o importante. Unha campaña que pretende sensibilizar ás administracións públicas e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse dela. Tela como prioridade sanitaria, investir, investigar e actuar. Para todas aquelas persoas que desexen máis información poden poñerse en contacto cos teléfonos: 981 758 545 – 625 980 691 – afabercarballo@gmail.com
30