AFABER presentou o cartel cos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer

Cedida.

A presentación do cartel cos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer de 2022 realizouse este venres no xardín traseiro do local de AFABER, na rúa Camelias nº 2 en Carballo. Estiveron presentes o presidente da entidade, Jesus M. Villar Antelo, Mar Barca e María Vilariño, membros da Xunta Directiva. Os actos conmemorativos serán programados en tres días.


Martes 20 setembro
– 19:45 Inauguración Día Mundial do Alzheimer a cargo da concelleira de Servicios Sociais, Maica Ures, xunto co presidente de Afaber Jesús Villar.
– 20:00 Charla “Actuacións ante accidentes na poboación maior” a cargo de Francisco Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil de Carballo.
Mércores 21
– 10:00 a 13:00 Mesa informativa situada na rúa Coruña.
– 21:00 Alumeado nocturno de cor verde dos edificios, xuntanza na praza do Concello.
Xoves 22
– Actividade de reminiscencia e chocolatada cas persoas usuarias do centro. coa fin de reportar beneficios as persoas usuarias do centro. A reminiscencia consiste en traballar sobre as propias experiencias vitais a través de fotografías e obxectos persoais, a fin de compartir recordos e pensar sobre o pasado mentres desfrutamos dunha chocolatada colaboración con Chocolates Mariño.
Domingo 25
– 12:30 Misa recordo oficiada polo párroco de Carballo Don José García Gondar.
– Acto de sensibilización na igrexa parroquial de San Xoán Bautista.

Para todas aquelas persoas que desexen máis información poden poñerse en contacto coa entidade nos teléfonos: 981 758 545 – 625 980 691 – afaber@xestion.net