Afaber promove un encontro de familias para a adquisición de xeolocalizadores

1 minutes read

Este venres ten lugar o encontro de tres familias usuarias da asociación Afaber Alzheimer Bergantiños que participaran nunha primeira fase de proba dos dispositivos de xeolocalización para persoas con alzheimer.
O proxecto esta dirixido por Germán Tojeiro, profesor de Sistemas electrónicos do IES Monte Neme que, xunto co alumnado de dita formación profesional, serán os encargados de facer a entrega dos dispositivos.
Unha vez adquiran o dispositivo informarase novamente a familias e traballadoras do centro sobre o uso e mantemento do localizador. As familias estarán guiadas e acompañadas durante o proceso por un alumno da FP que se encargará de comprobar a cobertura da zona proxima ao domicilio da persoaa afectada. Alumno e familia establecerán unha zona de confort, onde a persoa cunha demencia acostume a dar paseos. Se a persoa afectada sae desa zona de confort, avisará en segundos ao teléfono do familiar de referencia. Tanto os dispositivos de xeolocalización como mantemento dos mesmos serán de balde para as familias. Participaran 3 nun principio ata chegar a 5 máis, en total 8.
O uso destes dispositivos pode marcar un antes e un despois na vida dunha persoa con demencia, e máis se falamos dun entorno rural no que viven a maioría das persoas que acoden a entidade Afaber.