Coma cada ano, Afaber (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños) adicou o mes de xuño á realización de diversas actividades levadas a cabo coas persoas usuarias que acoden diariamente á entidade co fin de honrar ás festas do San Xoán de Carballo.
Xa é tradición da Asociación realizar anualmente a súa propia versión do cartel gañador das festas, este ano deseñado por Andrea Espiñeira e Rosalía Macías. Así coma a realización dunha alfombra floral para decorar no recibidor da entidade, a cal, este ano, acadou un tamaño de 4 metros de largo.
Este tipo de actividades resultan altamente beneficiosas para a estimulación cognitiva, non só polo adestramento da motricidade fina, senon tamén por facilitar a orientación espazo-temporal das persoas usuarias ao mantelas en contacto coa contorna e co que acontece nela ao empregar diferentes elementos naturais pertencentes a esta época do ano no seu desenvolvemento e enfocándose no obxectivo de festexar o San Xoán.
Ambas as dúas actividades poden verse nas redes sociais da entidade (FACEBOOK: Afaber Alzheimer Bergantiños; INSTAGRAM: _afaber), onde están publicados tanto o proceso como o resultado final das mesmas.
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.