Tras a demanda observada, este 2026 Afaber retoma finalmente a formación do Grupo de Apoio para familiares e coidadoras/es de persoas con demencia. O programa consistirá nunha sesión mensual que terá lugar o último martes de cada mes de 16:00 a 17:30 horas no local de Afaber (ubicado en Lugar Mirón nº24 – baixo, en Bértoa).
Estos encontros estarán dirixidos por Lara Rodríguez, psicóloga especializada. A asistencia será libre e gratuita, aberta a persoas socias e non socias. Polo que, dende a entidade, fan un chamamento a que toda persoa interesada se achegue ao encontro e saque proveito dun espazo onde terá a posibilidade de intercambiar experiencias propias vinculadas ao coidado de persoas afectadas por un deterioro cognitivo e sentirse apoiada e comprendida nun grupo de iguais. Máis info e inscricións nos teléfonos: 625.980.691 / 981.75.85.45.
12