Afaber retoma os obradoiros de memoria no Concello de Cabana de Bergantiños

1 minutes read

Este mes de outubro Afaber retoma os obradoiros de memoria no Concello de Cabana de Bergantiños como vén facendo xa dende fai varios anos formando parte do programa de envellecemento activo municipal.
Os obradoiros desenvolveranse os luns nas parroquias de Anos, de 17:30 a 19:00h e Nantón, de 19:15 a 20:45h; os martes en Riobóo, de 17:00 a 18:30h e en Borneiro, de 19:00 a 20:30h; e os xoves en Neaño, de 17:00 a 18:30h e en O Esto, de 19:00 a 20:30h.
As sesións estenderanse dende este mes de outubro ata maio do 2027.


Paralelamente, da man da Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela de A Brea (Carballo), tamén terá continuidade o envellecemento activo co obradoiro de memoria por terceiro ano consecutivo, que se levará a cabo de novo no Centro Social do lugar.
Todas estas actividades serán dinamizadas pola educadora social de Afaber, Mónica Martínez, técnica responsable do envellecemento activo levado a cabo pola Asociación dende fai 4 anos.