Afaber retomou os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva en Cabana

Neste mes de outubro Afaber retomou os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva que se veñen impartindo en diversas parroquias do Concello de Cabana de Bergantiños dende anos atrás.
Este curso contará de novo con obradoiros nas parroquias de Anos, Borneiro, Cesullas, Nantón, O Esto e Riobóo con sesións semanais de 1h 30min en cada unha delas.
Paralelamente, lembrar que Afaber tamén contará este curso con tres sesións semanais de 1 hora de duración que se desenvolverán os luns en horario de mañá e os mércores en horario de tarde no local da súa entidade (Lugar Mirón nº24 baixo, en Bértoa).
As prazas son limitadas. Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social