Un incendio orixinado no interior dun garaxe na Ponte do Porto, no concello de Camariñas, calcinou dous vehículos e afectou á súa estrutura.
O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, ás catro da madrugada deste venres, que vía saír fume do interior do garaxe dun edificio da Rúa Río do Cura. Segundo indicaba a testemuña, no lugar non había persoas afectadas.
Cos datos recollidos no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso aos Bombeiros de Cee e aos axentes da Garda Civil. Por se fose preciso apoio no lugar, desde o 112 tamén se informou ao parque de Bombeiros de Santa Comba.
Logo de varias horas de traballo, a dotación de Bombeiros de Cee confirmoulle aos xestores do CIAE-112 Galicia que o lume estaba apagado e que dentro do garaxe había cinco vehículos dos que chegaron a arder dous, unha moto e un coche. Ademais, os Bombeiros tamén indicaron que o fume afectou á estrutura do garaxe pero que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.