Afectadas 24 hectáreas por un lume forestal en Vilamartín de Valdeorras

1 minutes read

O incendio comezou ás 14,15 h. deste sábado e deuse por controlado ás 20,24 h. Segundo novas estimacións, afectou unha superficie provisional de 24 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballaron 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros. A Consellería do Medio Rural informou a última hora deste sábado que quedou controlado o lume do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.