Afectadas tres persoas por inhalación de fume tras un incendio na cociña da súa vivenda na Coruña


Tres persoas resultaron afectadas, dúas delas evacuadas a un centro hospitalario da localidade, por inhalación de fume, tras incendiarse a cociña dunha vivenda, na Coruña.

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular para informar de que estaba a arder unha cociña na rúa Orillamar, á altura do número 35. Segundo aclaraba a persoa, os habitantes xa abandonaran o interior da casa.

Axiña, os xestores de Emerxencias Galicia informaron aos Bombeiros da Coruña e aos servizos sanitarios de urxencia, posto que se descoñecía se alguén podería precisar asistencia médica. Así mesmo, déronlle aviso os axentes da Policía Local e Protección Civil.

Xa rematadas as tarefas de extinción, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que aínda que o lume afectou a todos os mobles da parte superior da cociña, non foi preciso desaloxar o edificio. Pola súa banda, o persoal sanitario indicou que dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume.