Afectados polos recortes no San Luís Romero envían unha queixa ao Defensor do Pobo

Cedida.

Na súa loita constante contra os recortes impostos pola Consellería de Educación do Goberno da Xunta de Galicia, os pais e nais do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo deron un paso máis na defensa da calidade educativa dos seus fillos e fillas. Este xoves, enviaron unha queixa formal ao Defensor do Pobo (a semana pasada xa presentasen unha similar ante a Valedora do Pobo), expoñendo as súas preocupacións e demandas en relación cos recortes que afectan directamente á Educación Infantil no centro educativo.

Ademais, anuncian que están en proceso de elaborar unha petición dirixida á Unión Europea (UE) na que expoñerán a súa situación e solicitarán o seu apoio para preservar os estándares educativos na rexión. Espérase que esta petición sexa enviada a próxima semana, xa que creen que é fundamental involucrar instancias superiores para que se tomen accións concretas en favor da educación dos seus fillos e fillas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha