Afirman que a vacina de AstraZeneca é eficaz contra a variante británica


Investigadores da Universidade de Oxford e a farmacéutica Astrazéneca aseguran que os resultados das análises son contundentes: a vacina non só protexe contra o virus orixinal da pandemia senón tamén contra a nova variante, a que ocasionou o repuntamento da enfermidade por todo o Reino Unido desde o mes de decembro. Científicos de Oxford están analizando en 800 voluntarios a eficacia de combinar unha dose da súa vacina coa de Pfizer nun lapso de entre 4 e 12 semanas. De momento un estudo con animais demostrou que a mestura de doses mellora a resposta inmunitaria.