Varios estudos determinaron que os reloxos intelixentes como Apple Watch, Garmin e Fitbit, entre outros son capaces de detectar o contaxio do Covid-19. Débese a que estes dispositivos rexistran os nosos latexados as 24 horas do día e cando detectan unha anomalía, envían unha alerta.
Este descubrimento levouse a cado de forma independente en dúas institucións distintas. Por unha banda, en Mount Sinai Health System en Nova York, demostraron que o Apple Watch detecta anomalías no ritmo cardíaco ata 7 días antes de dar positivo en coronavirus nunha proba oficial.
Este estudo seguiu a vida diaria de 300 pacientes durante 5 meses, e as conclusións do estudo son claras. Nese estudo puideron predicir contagios antes mesmo de que houbese síntomas e antes de que as probas oficiais confirmasen a desagradable noticia.
Os investigadores comentan que a variabilidade do ritmo cardíaco é un indicativo de como está a traballar o sistema inmunológico do paciente. A frecuencia cardíaca varía en procesos inflamatorios, e o Covid-19 é unha enfermidade moi infamatoria.
O curioso desta investigación é que detectaron que os reloxos intelixentes eran capaces de delatar o contaxio de Covid-19 case 10 días antes de presentar síntomas. Para chegar a este descubrimento servíronse dos datos de rexistro dos reloxos, xa que estes non miden o pulso en tempo real as 24 horas do día.