Afúndese o atuneiro Albacora Seis, con tripulantes galegos a bordo

Cedida.

O atuneiro Albacora Seis, da empresa biscaíña Nicra-7, afundiuse este sábado no Atlántico segundo confirmaron fontes do sector. A bordo do barco, con base en Vigo e bandeira de Curazao, viaxaban mariñeiros galegos da zona de Vigo. Polo momento descoñécense as causas do afundimento deste buque de 76 metros de eslora. O Kurtzio, outro barco da mesma empresa e de bandeira española, encargouse dos labores de rescate da tripulación. As primeiras informacións apuntan a que todos se atopan en bo estado.