Afúndese outro treito do paseo das Avenidas, o mesmo paseo que se afundiu no accidente do Marisquiño o pasado mes de agosto no que resultaran feridas 467 persoas. Por fortuna desta volta non houbo feridos. O derrubamento provocou un gran ruido na zona e chamou a atención de moitos viandantes. Trátase dunha zona que permanece valada dende o accidente por orde xudicial.