Agacal impartirá en Xinzo un curso sobre a comercialización da pataca ecolóxica

1 minutes read
Empaquetado de pataca da Limia.

O vindeiro venres 3 de setembro, en Xinzo de Limia, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria -Agacal- impartirá un curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica. Será en horario de mañá e tarde na Casa da Cultura deste municipio ourensán.

Esta acción formativa ten como obxectivo dar a coñecer a situación do mercado e as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica, ademais das tendencias e demandas do mercado neste eido. Doutra banda, a xornada tamén incluirá un apartado sobre o novo regulamento de produción ecolóxica, así como aspectos relativos á comunicación ambiental que deben facer os produtores en relación cos novos desafíos ambientais como é o cambio climático, entre outros. O curso rematará cunha sesión práctica de tarde, que consistirá nunha visita a un campo de ensaio no concello limítrofe de Sandiás.