Agacal presentou en Carballo o restaurante móbil “Galicia na food truck”

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu este venres en Carballo á presentación do restaurante móbil “Galicia na food truck”, unha iniciativa que pretende poñer en valor os produtos agroalimentarios de Galicia.

Na presentación, o director agradeceu o destacado compromiso da empresa de distribución Vegalsa á hora de promocionar os alimentos galegos do campo e do mar da man de numerosos colaboradores como Feiraco, Aceites Abril, Fillos de Rivera, Coren Selecta ou Pescanova, entre outros.

Este restaurante móbil, que recorrerá diversos establecementos da xeografía galega, ofrecerá aos clientes desta cadea de supermercados a posibilidade de degustar unha serie de produtos da nosa terra co fin de dalos a coñecer entre a poboación e animar así ao seu consumo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha