Agardan que Lorenzana acepte as sentenzas do parque eólico de Corme e do Campelo

1 minutes read

Asociacións veciñais de afectados e afectadas polos proxectos eólicos de toda Galicia, apelan á nova conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a dialogar, atopar solucións ao que califican de “desastrosa xestión do departamento durante os últimos anos”, e acordar un desenvolvemento eólico sostible na comunidade autónoma. Os movementos veciñais agardan unha nova etapa que poña fin á situación xerada polo anterior conselleiro: confrontación coa cidadanía e intervencións xudiciais para emendar a política en materia eólica.

Lembran por exemplo, as sentenzas firmes do Tribunal Supremo e pendentes de execución respecto aos parques de Oribio (autorizado cunha declaración de impacto ambiental -DIA- “obsoleta e ineficaz”) e Sasdónigas (orden de desmantelamento do parque de Mondoñedo que leva catro anos funcionando a pesar de afectar ao Camiño de Santiago, xacementos e lagoas).

Agardan que Lorenzana non recorra e acepte as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que impide a repotenciación e aumento de aeroxeradores no parque de Corme e anula a autorización da poligonal de Campelo por “fragmentación indebida”, unha práctica para ocultar as dimensións do prexuízo e esquivar maiores requirimentos coñecida, aceptada e mesmo alentada pola Xunta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?