Aglomerado de vías en seis parroquias de Carballo

1 minutes read

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de máis de medio millón de euros en obras de aglomerado de vías que mellorarán as comunicacións en seis parroquias. O alcalde, Evencio Ferrero, vén de asinar un contrato coa empresa Construcciones López Cao para a vía entre O Igrexario de Lema e A Vixía, que constituía unha das principais demandas trasladadas pola veciñanza a través do Consello Parroquial de Lema.

Pola súa banda, a empresa Lancer Proyectos y Obras ten en execución outras tres actuacións, nas vías de Mirón (Bértoa) á DP 1902 (Carballo-Razo), de A Ponte de Bértoa ao Moucho de Berdillo e de Bolón á Gándara (Sofán).

O plan de aglomerado de vías estruturantes comezou o ano pasado polas parroquias de Noicela, Lema, Rebordelos e Aldemunde, nas que foron acondicionados 5,3 quilómetros de estradas

Para este ano 2019 tamén están previstos os aglomerados das vías de Xoane ao Piñeiro (Goiáns) e de As Torres (Oza) a Cances Grande.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?