O presunto agresor denunciado facía traballos cunha pa excavadora nunha pista municipal o luns 23 de febreiro preto da unha da tarde. A esa hora un traballador adscrito á oficina de Correos de Carballo realizaba labores de reparto na parroquia de Rus. Mentres un camioneiro e un palista limpaban as cunetas e adecentaban unha pista de acceso a unha vivenda do lugar de Barís.
Segundo a versión do carteiro o palista recriminoulle que estivera poralí, que él estaba traballando, e o carteiro contestoulle que él tamén estaba traballando. Argumentaba que acto seguido o traballador da pa colleu unha barra de ferro e comezou a mallalo, recibindo golpes na cabeza, nun hombreiro e nas costas, «deume a matar», explicaba.
Tras o acontecido o empregado de Correos requiriu presenza policial no lugar do incidente, a donde se trasladaba unha patrulla da Garda Civil de Carballo. Os axentes atenderon a súa exposición dos feitos e asesorábano cos pasos a proseguir. Aqueixado de varias partes do corpo o carteiro acudía ao centro médico para ser tratado das lesións e acto seguido a presentar a correspondente denuncia pola agresión recibida.