Agricultura inviste 35 millóns de euros para modernizar os regadíos da Limia

O Goberno destina 35 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos para a modernización dos regadíos da Limia. Con estes cartos o Ministerio de Agricultura financia o oitenta por cento do proxecto, que beneficia a case 2.000 produtores que cultivan máis de 2.500 hectáreas. Na sinatura do convenio estivo este venres o ministro Luis Planas.

O ministro de Agricultura destacou que a modernización permitirá optimizar o uso da auga para producir de xeito sostible «Hoxe non se trata só de producir. Hai que producir ben, en cantidade, en calidade e en sostibilidade. E para iso a modernización do regadío é fundamental». Fundamental, dixo Luis Planas, no futuro do medio rural, dos agricultores e dos gandeiros.

Os regantes pedíronlle ó ministro un esforzo adicional para evitar sobrecustos. «Debido ao incremento dos custos do proxecto, expropiacións e gastos financeiros, solicito á Administración central que achegue unha axuda adicional a fondo perdido», dicía na súa intervención Amador Saborido, presidente da Comunidade Xeral de Regantes de Nova Limia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha