Agricultura lanza unha campaña de comunicación sobre a PAC


O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas presentou a campaña de comunicación “O que pasa no campo non queda no campo”, coa que se quere facer chegar un maior coñecemento da PAC (Política Agraria Común) á cidadanía en xeral. O obxectivo é estreitar lazos entre o mundo rural e urbano e, máis concretamente, facer que a xente coñeza non só o que a PAC fai polos agricultores e gandeiros, senón en beneficio de toda a sociedade. “A PAC é unha política de apoio ao conxunto dos cidadáns, porque contribúe a proporcionar alimentos seguros a prezos razoables”, asegurou Planas. O ministro sinalou os beneficios que ten a Política Agraria Común (PAC) para toda a sociedade no seu conxunto, xa que proporciona alimentos sans e de calidade, ao mesmo tempo que favorece a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento do ámbito rural.