Agriden ao portavoz do BNG en Caldas de Reis

1 minutes read

O portavoz do BNG de Caldas de Reis, Manuel Fariña, foi agredido este xoves, segundo confirmaron fontes do partido. Fariña, que foi atendido no hospital de Montecelo, presentará denuncia contra o seu agresor ante a Garda Civil cando reciba o alta.

Desde o BNG aseguran que o agresor do seu portavoz en Caldas é un empresario ao que Manuel Fariña denunciara como responsable dunha serie de verteduras ilegais nun monte da localidade. A agresión produciuse despois de que o empresario fóra a casa do concelleiro para ensinarlle a zona de monte na que se rexistrou a vertedura, afirmando que o episodio fora resolvido. Ao constatar que a vertedura continuaba, o home alterouse e tras discutir con el agrediu a puñadas ao edil do BNG e tirouno ao chan, segundo as fontes da formación política.

Foi o propio Manuel Fariña o que chamou aos servizos de emerxencia, que lle trasladaron en ambulancia ao centro hospitalario de Pontevedra para ser atendido das súas feridas.