Ainara Rodríguez, alumna do IES de Baio, logra o quinto posto na Olimpíada Galega de Química

1 minutes read

No IES Maximino Romero Lema de Baio están cheos de orgullo e alegría polo logro da súa alumna Ainara Rodríguez Blanco na XLIII Olimpíada Galega de Química.
Ainara acadou un magnífico quinto posto na demarcación da Universidade da Coruña, un resultado que reflicte non só o seu talento, senón tamén o seu esforzo constante, a súa curiosidade e a súa paixón pola ciencia. Detrás deste éxito hai moitas horas de traballo, ilusión e superación persoal.
Para toda a comunidade educativa é unha enorme satisfacción ver como o seu alumnado medra, soña e alcanza metas tan importantes. Ainara convértese nun exemplo e unha inspiración para os seus compañeiros e compañeiras.
«Parabéns e grazas, Ainara, por levar o nome do noso centro con tanto orgullo e por demostrarnos ata onde pode chegar a dedicación e o entusiasmo. Estamos seguros de que este é só o comezo dun camiño cheo de éxitos», conclúe o profesorado do centro.