Aínda que a estatística mellora, 90 falecidos nas estradas galegas en 2019

1 minutes read

Trátase dunha cifra moi elevada, pero que esconde datos alentadores, serían 14 vítimas mortais menos ca o ano anterior, converténdose así no segundo ano con menos mortos nas estradas de toda a serie histórica e a cuarta vez que se baixa dos 100 falecidos.

Este descenso da sinistralidade mortal tamén é extensible ao resto do Estado. A 17 de decembro o número de falecidos nas estradas españolas ascendía a 1.053, 95 menos ca no 2018. Un descenso das mortes do 8% que a DXT atribúe á redución da velocidade máxima permitida nas estradas secundarias de 100 a 90 quilómetros por hora, dado que este tipo de vías concentran o 69% dos accidentes mortais.