Aínda quedan prazas para a excursión a Asturias organizada polo Concello larachés

Luarca_Turismo Asturias

  • Dirixida a maiores de 60, xubilados e pensionistas, desenvolverase do 18 ao 22 de abril

Aínda quedan prazas dispoñibles para anotarse á excursión a Asturias organizada polo Concello da Laracha e dirixida a persoas maiores de sesenta anos, xubiladas e pensionistas. Os interesados deben formalizar as súas inscricións no departamento de Servizos Sociais situado no edificio administrativo larachés.

A viaxe comezará o 18 de abril coa saída do autobús ás 8:00 horas desde a Praza do Concello. O primeiro punto de destino será Cudillero e, pola tarde, Oviedo. Ao día seguinte visitaranse Ribadesella, Llanes e o Santuario de Covadonga. Na terceira xornada os participantes coñecerán Avilés pola mañá e o Museo da Minería de Asturias pola tarde. O penúltimo día realizaranse visitas guiadas polas cidades de Xixón e Oviedo. Por último, o 22 de abril, haberá paradas no poboado mineiro de Bustiello, en Mieres e en Luarca antes de emprender a viaxe de regreso.

O prezo por persoa en habitación dobre é de 280 euros –suplemento de 88 euros para os que desexen unha habituación individual-, que inclúe o aloxamento en réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea), guía en todas as visitas, entrada ao museo e seguro de viaxe. O Concello da Laracha subvencionará integramente o custo do transporte en autobús.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha