Ainhoa Conde inaugurou as presentacións literarias da Mostra do Encaixe de Camariñas

1 minutes read

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu este xoves a primeira das tres presentacións literarias que se celebrarán durante o evento. Ainhoa Conde, autora ceense, foi a encargada de estrear esta programación literaria. Ainhoa Conde fixo sobre a pasarela unha fermosa interpretación do seu libro ‘Devotos de destino. Alén do Vilán’. Trátase dunha obra de poesía que supón unha reflexión interna e de sentimentos por Galicia e o océano. Os fragmentos, baseados case na súa totalidade en vivencias da autora, reflicten 66 historias de amor, desalento, loita, sacrificio, alegría e morriña. Conde, nacida en Cee, compaxina a súa labor de poeta co traballo de inspectora de seguridade marítima.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?