Airbus e Air France foron absoltas do cargo de homicidio involuntario polo accidente do voo Río Janeiro-París do un de xuño de 2009. O AF447 estrelouse no Océano Atlántico, matando aos seus 228 ocupantes. O fabricante e a aerolínea alegaban que non se podía demostrar a súa responsabilidade no sinistro. A Fiscalía, de forma inusual, inclinouse tamén por esta teoría. A longa investigación oficial aseguraba que múltiples factores contribuíran ao desastre, entre eles o erro dos pilotos e a conxelación do medidor externo de velocidade. Os xuíces determinaron que as empresas non teñen responsabilidade criminal pero si responsabilidade civil. Fixou audiencias en setembro para decidir as indemnizacións. Air France xa pagara compensacións.
24