Alarma nun aeroporto de Moscova polo incendio dun avión, máis de 40 mortos

Un avión de pasaxeiros Sukhoi Superjet 100 que este domingo cubría a ruta entre Moscova e Murmansk efectuou unha aterraxe de emerxencia no Aeroporto Internacional Sheremétievo. A aeronave tomou pista cos tanques de combustible cheos e as chamas devorando a parte traseira do aparello. A pesar da rápida evacuación, máis de 40 persoas perderon a vida, segundo o Comité de Investigación de Rusia. No avión voaban 73 pasaxeiros e 5 membros da tripulación. De acordo co Comité de Investigación de Rusia, dúas das 13 persoas falecidas eran nenos. Polo menos outras sete resultaron feridas —duas delas de gravidade—, segundo o Ministerio de Emerxencias de Rusia. As autoridades investigan o incidente aéreo, que, segundo algunhas fontes, puido deberse a un fallo no sistema eléctrico do avión. Outras versións apuntan ás condicións climáticas adversas, podendo ser incluso un raio a causa do accidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha