Alarma pola variante Delta | Borish Johnson atrasa un mes a desescalada no Reino Unido


Boris Johnson atrasou catro semanas, ata o 19 de xullo, a fase final do seu plan de desconfinamento a fin de evitar unha terceira onda da pandemia impulsada pola contaxiosa variante Delta do coronavirus.

Advertiu do perigo da variante identificada por primeira vez na India: «Estamos a ver que os casos crecen un 64% semanalmente e nas zonas máis afectadas duplícanse cada semana. E a media de pacientes ingresados en hospitais en Inglaterra aumentou un 50 por cento semana a semana e un 61 por cento no noroeste, o que pode indicar a forma en que van vir as cousas, porque coñecemos a lóxica implacable do crecemento exponencial».

As protestas na rúa multiplicáronse. Centos de manifestantes concentráronse en Downing Street este luns, antes de que o Primeiro Ministro Boris Johnson anunciase oficialmente o atraso no levantamento das restricións do coronavirus en Inglaterra pola propagación do variante Delta. Esta forma de coronavirus esténdese polo Reino Unido con máis rapidez que o que o fixo a terceira onda.