Segundo a Armada portuguesa, a alerta deuse arredor das 15:30 horas do martes ao «Centro de Coordinación de Procura e Salvamento Marítimo (MRCC) de Lisboa, da Armada» por un «incendio no petroleiro Greta K, con bandeira de Malta, que navegaba a unha milla e media da costa, a uns tres quilómetros, xunto a Praia dos Ingleses, en Foz do Douro, con 19 persoas a bordo, todas de nacionalidade filipina». Segundo o capitán do Porto de Aveiro, non houbo derramo de combustible, manténdose o buque na súa integridade física. O buque, que leva «a bordo diésel e combustible para avións (jet fuel) e non ten cru», foi remolcado a unha zona afastada da costa. Seguen os acontecementos no lugar unha embarcación de salvamento, outra da Policía Marítima e dous remolcadores do Porto.
50