Alarma por un incendio na carballesa rúa do Sol

1 minutes read

Pasados uns minutos da unha e media da tarde deste luns saltou a voz de alarma por un incendio nun baixo comercial sito no número 41 da rúa do Sol na capital de Bergantiños. o 112 Emerxencias Galicia mobilizou á Policia Local e aos Bombeiros de Carballo. Unha vez no lugar detectaron un incendio na instalación eléctrica do establecemento. Os Bombeiros comprobaron á súa chegada que xa non había lume, pero o local estaba asolagado de fume. Localizaron a orixe do suceso nunha luminaria tipo varra fluorescente, a cal quedou queimada por completo, pero o lume non se propagou. Non houbo que lamentar danos persoais e os danos materiais foron escasos.