Alarma por un incendio nun garaxe de Carballo


Imaxe do coche queimado_Cedida

Un incendio devastador que calcinou case por completo un vehículo, fixo saltar as alarmas á primeira hora da tarde deste mércores en Carballo.

O suceso produciuse nun soto dun edificio situado na rúa río Tambre en confluencia coa avenida da Milagrosa, sobre as 15:40 horas. Segundo os Bombeiros de Carballo, foi un particular quen deu a alerta ao 112 Galicia. Unha vez mobilizados os servizos de emerxencia, ao lugar acudiron varias dotacións de Bombeiros, así como a Policía Local e a Garda Civil, que procederon a cortar a rúa para levar a cabo os labores de extinción.

Unha densa fumareda negra e con cheiro a goma queimada saía do local polas xanelas e sobre todo polo portal de acceso principal. Tratan agora de determinar as causas e a orixe do lume, así como unha valoración inicial dos danos ocorridos, que en principio só son materiais: un dos cincos coches que se atopa no local sufriu danos por culpa da calor.

O Bombeiros lograron extinguir o incendio sobre as 5 da tarde.