Alarma por un lume nunha vivenda en Carballo


Preto das 12 do mediodía deste xoves un particular alertaba ao 112 Emerxencias Galicia dun lume nunha vivenda en Carballo. O sinistro tivo lugar no segundo andar do número 25 da Rúa Alfredo Brañas, na vivenda atopabase unha señora que corresponde coas iniciais F.M.L. Ainda que non resultou ferida, presentaba un alto nivel de nerviosismo, polo que foi atendida polos servizos de urxencia. Acudiron ao lugar dos feitos os Bombeiros do Parque Comarcal, Protección Civil, Policía Local e unha Ambulancia do 061.