Alba Mancebo, premio CIRCOM á mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas


A xornalista vimiancesa Alba Mancebo acabar de gañar o premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Talent on Screen), un galardón que concede o propio organismo, no cal se agrupan as televisións rexionais europeas.

Mancebo, que traballa dende fai uns anos no departamento de Contidos Dixitais da CRTVG, tamén compartiu experiencias do mundo dixital no pasado Carballo Interplay.

Non é a primeira vez que a CRTVG obtén un premio CIRCOM, de feito, xa o lograra coa serie Matalobos no ano 2012.

A Gala CIRCOM celebrarase o próximo 30 de maio en Novi Sad, Serbia.