Albert Rivera dimite e deixa a vida política

1 minutes read
  • Rivera renuncia a ser deputado no Congreso

Este luns a resaca postelectoral foi demasiado confusa e dura. E se non que llo digan ao que ata o día de hoxe fora o presidente do grupo político Ciudadanos, Albert Rivera, claro perdedor nestas eleccións.

Rivera, quen estivo traballando na formación desde hai 13 anos, comunicou a súa dimisión nunha rolda de prensa na que non estaban permitidas as preguntas dos xornalistas.

Ás 12:00 da mañá todas as miradas estaban postas no discurso político e persoal do catalán, que deixou claro que cando un partido ten éxito é debido a todo un equipo, pero o fracaso é responsabilidade do líder.

Ademais, Rivera tamén se dá de baixa vida política ao renunciar á súa acta de deputado. “Non podo asumir ser deputado no Congreso só por unha nómina”, alegou o xa ex líder de Ciudadanos, cuxo sucesor aínda é unha incerteza. O seu escano será ocupado polo avogado do Estado Edmundo Bal, número catro da lista por Madrid.

Moi emocionado no seu discurso e entre aplausos por parte dos militantes da formación e por parte do seu equipo, Rivera manifestou que seguirá dedicándose a exercer a avogacía e que a partir de agora dedicará máis tempo á súa familia e amigos.