Albert Rivera e Malú anuncian que van a ser pais


O ex-presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, e a cantante Malú confirmaron nas súas contas de Instagram que van ser papás. Na imaxe que elixiron para revelar a feliz noticia aparecen as súas mans suxeitando un chupete. “Imos ser papás!”, di Rivera en Instagram. A parella manifesta que lles gustaría vivir o embarazo “coa maior tranquilidade”. “Unha vez máis, gaña o amor”, publicou o ex-líder laranxa. Polo momento non revelaron de cantos meses está embarazada Malú, nin para que estación esperan ao bebé, pero esta noticia chega despois dun mes de novembro moi convulso para a parella. Albert Rivera retirouse da política tras o resultado do seu partido nas eleccións do pasado 10 de novembro tras o que revelou que se ía a dedicar “a ser mellor pai, mellor fillo, mellor parella, e mellor amigo”. Este será o primeiro fillo para Malú e o segundo para Albert Rivera, que xa ten unha filla de oito anos, Daniela, froito do seu primeiro matrimonio xunto a Mariona Saperas, con quen estivo desde o 2010 ao 2013.