Albert Rivera ofrece ao PP unha abstención conxunta para investir a Sánchez a cambio de «tres condicións»

  • Esta tarde reuniranse ambos líderes políticos para tratar este posible tricentrito

O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, propuxo este luns que a súa formación e o PP faciliten cunha abstención á investidura do líder socialista, Pedro Sánchez, para evitar ir a novas eleccións. Con todo hai un pero, e é que o líder de Ciudadanos di que apoiaría esa investidura a cambio de tres condicións: non indultar aos acusados no «procés» e aplicar de novo o artigo 155 en Cataluña, non subir impostos nin ás familias nin á autónomos e romper con EH Bildu en Navarra.

Albert Rivera e o líder do PP, Pablo Casado, reuniranse esta tarde no Congreso para falar sobre esta posible abstención conxunta, aínda que desde o Partido Popular xa manifestaron que esta «alianza política» xa lla presentaron a Sánchez, e só recibiron negativas.

Pola súa banda, o presidente en funcións respondeu que «non hai ningún obstáculo real para que PP e Ciudadanos se absteñan» e engadiu que desde as eleccións el sempre reclamou unha abstención técnica de ambos partidos.

VALORACIÓNS DOUTROS PARTIDOS POLÍTICOS

O portavoz de VOX, Iván Espinosa de los Monteros, tamén se pronunciou e argumentou que «Alegrámonos porque se tente chegar a un acordo xa que sempre será mellor a moderación socialdemócrata do PP que a radicalidade progre do PSOE e que se poñan en mans dos aínda máis radicais de Unidas Podemos».

Desde UPN también deron luz verde á proposta de Ciudadanos, aínda que consideran que o PSOE xa elixiu a EH Bildu como o seu socio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha